A Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo convoca o II Premio de microrrelatos Mulleres Progresistas, coas seguintes bases, que tamén se poden descargar neste arquivo: Diptico bases II premio microrrelatos:
– Poderán participar todas as Mulleres que o desexen, de calquera nacionalidade ou cultura e maiores de 16 anos. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 microrrelatos que deberán ir escritos en galego normativo.
– O tema será libre, pero se valorarán espcialmente todos aqueles que traten e reflexionen sobre os distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes (empoderamento, dereitos, conciliación, etc,).
– Enlazando o carácter reivindicativo coa vertente literaria, o microrrelato terá por tanto unha natureza narrativa e non de mera proclama. Ademais de tratar temas relacionados coa igualdade, serán valorados aspectos como a calidade literaria e a orixinalidade das obras.
– Os microrrelatos deberán levar título e ter un máximo de 100 palabras (excluido o propio título).
– As obras serán orixinais e inéditas, non estando difundidas por ningún tipo de medio, nin en papel, nin electrónico. Se calquera dos microrrelatos presentados a este concurso incumprise tal requisito, tivese recibido premio ou estivese pendente de resolución noutro certame quedaría automaticamente descalificado. Tampouco serán admitidos aqueles microrrelatos que atenten contra os dereitos á intimidade, ao honor e á propia imaxe de terceiros/as ou que podan ter connotación racistas, sexistas e/ou discriminatorias. As autoras responden ante a organización da autoría e orixinalidade do microrrelato.
– Segundo o número e calidade dos microrrelatos recibidos designaranse entre 5 e 10 finalistas, entre as que se elixirán os premios do certame:
1º Premio: 300 €, figura e diploma.
2º Premio: 200 € e diploma.
3º Premio: 100 € e diploma.
– Presentación pública das bases en setembro.
– Os traballos presentaranse no formulario que consta na web da asociación, apuntando tamén o nome, apelidos, DNI, data de nacemento, enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono de contacto. No caso das participantes menores de idade, no momento de aceptar as presentes bases, terán que estar asistidas por quen ostente a súa tutela legal, quen deberá encher os apartados correspondentes do formulario de envío dando o seu consentimento.
– O prazo de admisión para a recepción de traballos péchase ás 23:59 horas do 15 de novembro de 2013. Non se admitirán traballos fóra dese prazo, nin sequera por un retraso de minutos.
– Mulleres Progresistas non manterá correspondencia acerca dos orixinais enviados.
– O fallo do xurado publicarase o 8 de marzo de 2014, Día Internacional dos Dereitos das Mulleres, puidendo quedar desertos calquera ou todos os premios se as obras presentadas non reúnen unha calidade mínima. O xurado estará formado por mulleres do mundo do asociacionismo feminino, as Letras e a Cultura, sendo inapelable a súa decisión. Dentro do xurado estará unha representante de Mulleres Progresistas.
– Os microrrelatos premiados e finalistas, así como aqueles que o xurado estime dignos de difusión, serán colgados na web da Asociación Mulleres Progresistas, polo que as autoras ceden gratuitamente os seus dereitos editoriais sobre os mesmos á entidade organizadora.
– En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos das participantes non serán comunicados ou cedidos a terceiros. Coa participación neste certame, as autoras dan por autorizada a publicación do seu nome e imaxe na web da asociación, prensa e medios de comunicación co fin de divulgar e dar a coñecer ás gañadoras, finalistas e mencións especiais do concurso. Aquelas autoras que o desexen poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito a Mulleres Progresistas, r/ Policarpo Sanz 12-14 2º B 36202 Vigo, axuntando unha fotocopia do seu DNI.
– O xurado é o encargado de interpretar exclusivamente as bases deste concurso. A presentación ao mesmo supón a total aceptación das bases.