O venres 8 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:30 h. Presentación do documental Contextualizando a Filgueira Valverde, realizado por Gonzalo E. Veloso, e un coloquio posterior dirixido por Francisco Castro.
– 20:30 h. Presentación de No tempo de “Follas novas”. Unha viaxe pola literatura universal, publicado por Alvarellos Editora, en edición de Pilar García Negro, quen participa na presentación, xunto ao editor, Henrique Alvarellos, e varias das persoas que colaboraron na obra.