Desde Radiofusión:
“Eli Ríos tamén defende a recuperación “de redes de afectos e de apoios que nos poden axudar a saír dun momento de crise”. No mundo tradicional dábaselle ao veciño pementos e patacas cando había, e tamén el viña axudar cando se recollía o millo, pero todo iso rompeuse coa urbanización e a globalización.
“Cando todo pasou é moi fácil mirar atrás e decatarse dos erros. Cando ves as cousas na pel doutra persoa, tamén. O difícil do conto é actuar desde dentro de ti mesma no momento en que as historias acontecen”.
Comeza así o libro de Eli Ríos Remexido de patacas.
En O ceo das reixas fala da invisibilización, dos silencios, da violencia e da linguaxe que constrúen cadeas imperceptíbeis arredor das mulleres. En Remexido de patacas propón unha receita, como forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade.”