“En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe.
Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.
Para 4-6 anos:
– Nube branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións).
Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación. DESCARGA.
– Un día de treboada, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións). DESCARGA.
Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta.
– O dragón comemedo, RuAn (texto e ilustracións). DESCARGA.
Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.
Para 7-8 anos:
– A casa máis animada do mundo, de Cristina Sáez Cazallas e Almudena Aparicio (ilustracións). DESCARGA.
Esta é a historia dunha casa encantada habitada por seres especiais que nos regalan un conto para cada día do mes.
– O tempo do revés, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
Serán Ana e Aldara capaces de falarse se non teñen en conta que a Terra é redonda? Vaia lea! Un enredo divertido coa física da Terra como fondo.
Para 9-10 anos:
– Boa sorte, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.
– Moko, Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). DESCARGA.
Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.
Para maiores de 12 anos:
– A herdanza do marqués, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións). DESCARGA.
Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.
– Diario dunha noiteboa, de Jacobo González Outes. DESCARGA.
Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes da universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.
– Liliput, de Manuel Lugrís Rodríguez. DESCARGA.
A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística, na que se nos presenta unha época onde todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino.”