O sábado 3 de xullo, ás 20:00 horas, no Pazo de Liñares (Prado – Lalín), preséntase o primeiro libro da profesora Margarita Fernández, O porco Farruco, publicado por Edicións Fervenza. A autora estará acompañada de Xosé Manuel Baamonde, docente na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo; do profesor e escritor Mario Pereira; e da ilustradora do libro, Sabela Cadarso. Así mesmo, o acto contará con acompañamento musical.