Ourense: Auria, actividades do luns 11

Dentro das actividades de Auria, que se desenvolve no Xardín do Posío de Ourense, o luns 11 de outubro prosegue a Feira do Libro, en horarios de 17:00 a 22:00 h. No programa literario destacan os seguintes actos:
17.00 h. Encontro con… Manuel Rivas (con prazas limitadas), e posterior sinatura de libros por parte deste autor, a partir das 19:00 h.
20.30 h. Mesa redonda: Do libro ao cine e viceversa, con Manuel Rivas, Antón Reixa e Verónica Fernández, coa moderación de Miguel A. Fernández.
Posteriormente, a partir das 22:00 h., no Centro Cutural da Deputación (Edificio Simeón), con entrada de balde até completar aforo, proxectarase a longametraxe O lapis do carpinteiro, de Antón Reixa, sobre a obra homónima de Manuel Rivas.
O programa completo pódese descargar aquí: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.