Semana do Libro Galego en Barcelona (18-23 de abril)

“Na semana da máis importante celebración en Catalunya, o Sant Jordi, que se festexará o vindeiro 23 de abril e que coincide co Día do Libro, a Asociación Galega de Editores (AGE) e a Galería Sargadelos de Barcelona organizan a Semana do Libro Galego en Barcelona, coa programación de distintas actividades que se celebrarán ao redor do 23 de abril nesta cidade.” (AGE)