En Rianxo, do 20 ao 22 de abril e baixo o epígrafe A cor dos soños, terá lugar o IIIº Encontro de Creadores do Barbanza coa intención de contribuír á reflexión sobre as relacións da literatura infantil coa ilustración e o ensino. O encontro incluirá a presentación d’ A voz do lago de Antón Riveiro Coello, Unha bruxa ben rara de Carlos Mosteiro e o libro colectivo A cor dos soños, obra colectiva na que participan 14 ilustradores relacionados co Barbanza. Participarán tamén no evento Xosé A. Neira Cruz, Rodrigo Chao, Pablo Otero “Peixe”, María Xesús Blanco, Xavier P. Docampo, Cristina Novoa, Xesús Santos Suárez e F. R. Lavandeira. Os actos finalizarán cun recital a cargo de Estívaliz Espinosa. (Barbantia)