Xosé Mª Álvarez Cáccamo expón poemas-obxecto n’ A Coruña

O venres 14 de setembro inaugúrase Underwood, unha exposición de poemas-obxecto do poeta Xosé María Álvarez Cáccamo. Será ás 20:00 horas na Galería Sargadelos d’ A Coruña (rúa Real, 56) e permanecerá até o 20 de outubro.