Presentación en Pontevedra de Medidas preventivas, de Gustavo Pernas Cora

A COMPAÑÍA ANCORA PRODUCCIÓNS presentará Medidas preventivas, Premio AELG ao mellor libro de teatro de 2007, de Gustavo Pernas Cora, o día 11 de novembro ás 20:30 horas. Será no Centrosocial Caixanova de Pontevedra.
“Medidas preventivas lanza unha mirada irónica e crítica, non exenta de humor…negro, sobre as novas relacións e os novos comportamentos sociais. MEDIDAS desenfocadas e dirixidas acidadáns de a pé, presuntos culpables nos seus actos cotiáns. MEDIDAS absurdas que venden protección a cambio da submisión, e seguridade a cambio de medo. MEDIDAS que converten aos cidadáns en policías de si mesmos. Fragmentos de ficción ou sucesos dunha realidade que xa existe ou á que asistiremos en breve. HOMENAXE A TODAS AS VÍTIMAS DE TODOS OS TERRORISMOS. Por unha culturacrítica, divertida e reflexiva.”