O mércores 23 de xullo terán lugar varios actos en lembranza de Ramón de Valenzuela.
1º) Acto cívico ás 20:00 na Praza da Feira da Bandeira coa participación de Mariví Villaverde (viúva do autor), Xosé Neira Vilas (escritor e académico) e Luís Bará (Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte). Logo procederase á inauguración da Rúa Ramón de Valenzuela.
2º) Acto de homenaxe na Casa da Viña, parroquia de Manduas. Descuberta de placa conmemorativa na casa natal, realizada polo artista silledense Jorge Conde.
(Adellís asociación socio-cultural – Comisión pola Memoria Siñor Afranio)