Os días 26 e 27 deste mes terá lugar no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña), coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e da Deputación da Coruña, o III Encontro de Escritores/as Novos/as. Dase así continuidade a esta actividade cuxa segunda edición tivo lugar en 2002. Á volta de seis anos é tempo de que, co lema Entre dous séculos, teñamos ocasión de revisar a creación máis nova do noso sistema literario, concretamente a daqueles/as autores/as que comezaron a publicar desde os noventa até o día de hoxe.
Entre dous séculos, polo tanto, é un xeito de situármonos. Un espazo dende o que dialogar, con voz propia, sobre os diferentes camiños que os novos creadores e creadoras van tomando na escena da nosa literatura.
Programa
Venres 26 de setembro 2008
12,30 horas. Presentación
No Museo de Belas Artes da Coruña (rúa Zalaeta s/n)
Interveñen: Rubén Cela (director xeral de Xuventude) Cesáreo Sánchez (presidente da AELG) e Antía Otero (vicepresidenta da AELG).
16,00-18,00 horas. Mesa
No Pazo de Mariñán
Baixo o título de “Cartografías literarias no novo século” interveñen: Oriana Méndez, Mario Regueira e Rubén Ruibal. Coordina María Xesús Nogueira.
18,30-20,30 horas. Mesa
No Pazo de Mariñán
Baixo o título “Presenza e invisibilidade das/os escritores/as na sociedade actual” interveñen: Ana Acuña, Iolanda Aldrei e Samuel Solleiro. Coordinadora, Elvira Riveiro.
Sábado 27 de setembro 2008
9,45-11,45 horas. Mesa
No Pazo de Mariñán
Baixo o título “A literatura. Internet e novas tecnoloxías” interveñen: Lara Bacelo, Leo Campos e Eduardo Estévez. Coordina Francisco Castro.
12,00-14,00 horas. Mesa
No Pazo de Mariñán
Baixo o título “Literatura, sociedade, nación” interveñen: Carlos Negro, María Reimóndez e Rafa Villar. Coordinadora, Marta Dacosta.
18,00 horas. Recital Poético
No Museo de Belas Artes (entrada de balde até completar aforo)
“Antes mort@s que solemnnes”: espazo onde amosar outras caras da palabra. Interveñen; María Lado, Lucía Aldado, Emma Couceiro, Celso Sanmartín, Estíbaliz Espinosa e O Leo.
Peche do Encontro con García (membro de Dios Ke Te Crew) cantando a Celso Emilio Ferreiro. Mantén Antía Otero.
(Gabinete de Comunicación Aelg – Tfno.: 660 530 525 – Correo-e.: prensa@aelg.org)