O IV Premio de ensaio Concepción Arenal declarado deserto

(A Coruña, 27 outubro 2008).- O xurado da IV edición do premio de ensaio Concepción Arenal, reunido esta mañá ás 11,30 horas na sede da Deputación Provincial da Coruña, presidido pola deputada Silvia Seixas, por delegación do Presidente da Deputación, e formado por Mª do Carme García Negro, Mª Xosé Agra, Goretti Sanmartín, Jorge García e Marta Dacosta, decidiu por unanimidade declarar deserto este premio na convocatoria correspondente a 2008.
O IV Premio Concepción Arenal, dirixido a promover estudos e traballos de investigación no eido da defensa dos dereitos da muller, dirixíase nesta edición a traballos consistentes en propostas para avanzar na igualdade entre mulleres e homes.
(Gabinete de Comunicación da AELG. Tel: 660 530 525. Correo-e: prensa@aelg.org)