O proxecto musical Descarga ao vivo chega a Galicia

descargaaovivoO proxecto Descarga ao vivo que combina o traballo de músicos cubanos e galegos chega estes días a Galicia. Esta experiencia única botou a andar en Cuba o ano pasado con motivo da Feira Internacional do Libro da Habana e agora viaxa de volta ao noso país. Un espectáculo irrepetíbel que conta coa participación de Xabier Díaz (voz e percusión), Ugia Pedreira (voz), Guadi Galego (voz), Alejandro Vargas (piano e teclados), Raciel Jiménez (batería), José Manuel Díaz (contrabaixo), Adonis Ríos (percusións), Pedro Pascual (acordeón e bouzouki), Marcos Teira (guitarra flamenca), Edelmiro Fernández (gaita), Quim Farinha (violín), Óscar Fernández (zanfona), Pablo Pascual (clarinete baixo) e Gutier Álvarez (violín).

Poderemos disfrutar desta función o xoves 23 de xullo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, a partir das 22:30; o 25 de xullo en Santiago de Compostela, no Festigal (22:00, Campus Sur); e o 30 de xullo en Vigo no Centro Cultural Caixanova ás 20:30.