As editoriais galegas entregan hoxe en Ourense os Premios da Edición 2009

Esta á a listaxe de candidatos:

Premio Francisco Fernández del Riego: R

Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano: A Noite do Moucho, de Anxo A. Rei Ballesteros (Editorial Galaxia); A praia dos afogados, de Domingo Villar (Galaxia); Monte Louro, de Luís Rei Núñez (Edicións Xerais de Galicia); Sidecar, de Alberto Lema (Galaxia); Ás de bolboretas e Sol de Inverno, de Rosa Aneiros (Xerais), e O país das bestas, de Eva Moreda (Biblos Clube de Lectores).

Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción: A Cociña de Larpeiros, de Benigno Campos (Galaxia); O contencioso de Sargadelos. Isaac Díaz Pardo, de José M. Del Caño (Ediciones Linteo); Nacer, de Xulio Gutiérrez (Kalandraka); e Cartas de republicanos galegos, de Xesús Alonso Montero (Xerais).

Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou teatro do ano 2009: Pel de muller, de Asun Estévez (Ir Indo Edicións); Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza (Baía Edicións); e Ciclo de Xúpiter, de Millán Picouto (Linteo).

Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil: Leocadio o león, de Oli (Xerais); A araña e máis eu, de Fran Alonso (Kalandraka Editora); e O contador de estrelas, de Santiago Jaureguizar (Edicións Obradoiro).

Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2009: O Museo da inocencia, traducido por Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos (Galaxia); Negra sombra! Negra Sombra!, por María Fernández Rei (Edicións A Nosa Terra); Contos completos de Allan Poe, traducidos por Eva Almazán (Galaxia); A filla do filósofo, por Fernández Naval, López e Riveiro (Galaxia); A conxura dos necios, por Eva Almazán (Faktoría K de Libros); As flores do mal, traducido por Gonzalo Navaza (Galaxia); O diaño tamén sorrí, por Fernández Naval (Editorial Toxosoutos); Pan con Xamón, traducido por Eva Almazán (Faktoría K); A clase, por Xabier Senín (Xerais); e O derradeiro irmán, por Emma Lázare (Xerais).

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado: A peripecia de Roi, de David Pintor (Edicións Tambre); Nacer, de Nicolás Fernández (Faktoría K); e A grande viaxe, de Gabriel Pacheco (OQO Editora).

Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano: Xesús Alonso Montero, Rosa Aneiros e Xabier Docampo.

Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial do 2009: campaña “En galego, por que non?; a campaña “Os contos do Camiño”, de OQO; e as Fotobiografías sonoras de Ouvirmos

Máis información: páxina da Asociación Galega de Editores