O festival Implícate unirá mañá cultura e conciencia en Santiago

A quinta edición do festival Implícate, alcumado “noite de música e palabra solidaria”, volverá encher o Teatro Principal de literatura e música para recadar fondos para un proxecto solidario na India. “Habilitaremos un centro de asesoría local e de apoio psicolóxico para mulleres que sofren malos tratos na India, para mantelo durante un ano precisamos 2.600 euros”, explicou María Reimóndez, presidenta de Implicadas/os no Desenvolvemento. Para iso, organízase este evento que presentarán, por segundo ano consecutivo, Luís Tosar e a poeta Yolanda Castaño.
(…) Todo aquel interesado en colaborar con esta iniciativa pode adquirir as entradas para este acto por doce euros no despacho de billetes electrónico de Caixa Galicia, onde tamén se habilitou unha fila cero para aqueles que non poidan asistir pero si colaborar

Noticia publicada en Xornal de Galicia.