Que desfeitas viviu vostede?
Pois en concreto un, cando foi o tsunami, porque as persoas que tomaban as decisións non tiñan nin puñeteira idea de onde estaban a traballar. Nós coordinámonos co goberno e coas organizacións que facían campañas de vacinacións, etc. E vimos a desfeita de quen non se coordinou en absoluto, vacinou varias veces, distribuíu cousas innecesarias, compresas que ningunha muller sabía usar, porque empregan trapos, e moitas outras cousas. É un gasto de cartos e, moito máis grave, unha falta de respecto porque no momento en que unhas persoas se vén nunha situación tan vulnerábel teñen que restituír a súa capacidade de decisión.Pódese axudar a cambiar o mundo desde unha organización como Implicad@s?
Nós levamos doce anos demostrando que si. Os impactos pódense medir de moitas maneiras, pódense medir nos países do sur, nos lugares onde traballamos, dunha forma tanxíbel. Ao cabo deste tempo traballamos aproximadamente con duascentas trinta mil persoas e os cambios na vida de cada unha delas creo que xa pagan a pena o esforzo. Pero a parte diso, desde a filosofía máis fidedigna da organización, para nós tamén é realmente importante é facer o cambio aquí, porque son as nosas maneiras de pensar e de actuar as que están causando a pobreza.
Ler entrevista completa a María Reimóndez en El Correo Gallego.