Hélia Correia no III Encontro Cidade da Coruña

Mañá mércores, 5 de maio, ás 20.00, no Salón de actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) terá lugar a terceira conferencia do III Encontro Cidade da Coruña “Literatura e viaxe”, neste caso a cargo da autora portuguesa Hélia Correia, e con título “A poeira falante”. A presentación correrá a cargo de Carlos Quiroga, profesor da USC e Vogal da Aelg para a Lusofonía.

Organizado conxuntamente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, o III Encontro Cidade da Coruña, baixo lema “Literatura e viaxe”, contou xa coa presenza do poeta arxentino Juan Gelman, e do escritor galego Miguel Anxo Murado, e acollerá próximamente a Alberto Manguel (11 de maio) e a Xavier P. Docampo (19 de maio).

Presentará a escritora portuguesa o escritor e profesor Carlos Quiroga, vogal da Asociación de Escritores en Lingua Galega para as relacións coa lusofonía. Hélia Correia manterá previamente un encontro cos medios de comunicación, o mesmo día, mércores 5 de maio, ás 12,00 horas, na libraría Nova Colón (Rúa Olmos 9, A Coruña).

Escritora portuguesa contemporánea (1949), licenciouse en Filoloxía Románica e é profesora de Portugués do Ensino Secundario. Apesar do seu gosto pola poesia, é como ficcionista que é recoñecida como unha das revelacións da novelística portuguesa da xeración de 1980, aínda que os seus contos, novelas ou romances estean sempre impregnados do discurso poético. Estreouse na poesia con O Separar das Águas, en 1981, e O Número dos Vivos, en 1982.

Revelou, desde cedo, o gosto polo teatro e pola Grécia clásica, o que a levou a escrever Perdição, levada à escea, en 1993, pola Comuna. Escreveu tamén Florbela, en 1991, que viria a ser estreada polo grupo Maizum. Cabe salientar na súa produción os romances Casa Eterna e Soma e, na poesia, A Pequena Morte/Esse Eterno Conto. Foi galardoada en 2002 co premio PEN 2001, atribuído a obras de ficción, pola súa obra Lillias Fraser.