Xosé Vázquez Pintor terá unha rúa en Cangas

«DISTINCIÓN AO ESCRITOR XOSÉ VAZQUEZ PINTOR

Na Sesión do Pleno da Corporación Municipal de Cangas de data 30 de outubro de 2009, por unanimidade, tomouse o acordo de dedicar unha rúa da vila, concretamente a Segunda Travesía da Av. de Lugo, parroquia de Coiro, ao poeta, ensaísta, dramaturgo, narrador e, cangués de adopción, XOSÉ VAZQUEZ PINTOR, polo que con tal motivo e cadrando co mes das Letras, o venres día 21 de maio, inauguramos a devandita rúa, co notorio enriquecemento toponímico, desenrolándose os actos co seguinte horario:

PROGRAMA:

Venres día 21 de maio de 2010:
-Ás 19,30 horas.- Presentación do último libro de Xosé Vázquez Pintor MÁIS VIDAS (Espiral Maior) a cargo de Miguel Anxo Fernán Vello e o propio autor.

-Ás 20,30 horas.- Concentración a carón da Ponte do Bouzós na Av. de Lugo e, pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Tromentelo.

-20,45 horas.- Saúda ao distinguido e autoridades. Glosa sobre Xosé Vazquez Pintor. Descuberta da placa Rúa Xosé Vazquez Pintor. Intervencións da Sra. Concelleira de Cultura, Sra Alcaldesa e Xosé Vázquez Pintor. Percorrido de toda a comitiva pola Rúa Xosé Vázquez Pintor, na compaña de música tradicional. Diante da segunda placa, conclúe o acto coa interpretación do Himno Galego.» (Concello de Cangas)