Rosa Aneiros: “Tardes de libro e praia”

Entrevista a Rosa Aneiros en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe(GH): Pensa que a literatura para un escritor é ó mesmo tempo profesión e hobby?
Rosa Aneiros (RA): Non, non é unha profesión, eu escribo porque me gusta e porque gozo facéndoo, pero nunca o considerei como tal e espero seguir así.
GH: O escritor sempre ten un libro baixo o brazo?
RA: Non necesariamente, eu creo que hai momentos do día e da vida para todo. Hai momentos nos que necesitas máis a lectura e momentos para facer outra cousa: pasear cos amigos, gozar coas conversas… Cada cousa ten o seu momento. É certo que normalmente, non sempre, hai moitos escritores que len máis cá media e é común velos sempre con libros, pero hai grandes lectores que non son escritores.”