Entrevista a Anxos Sumai en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): A literatura para un escritor é ó tempo profesión e hobby?
Anxos Sumai (AS): Durante moito tempo non quería velo dunha forma profesional, pero agora si que me gustaría poder vivir de escribir. Nos últimos anos decateime de que lle teño que dedicar moitas horas ó traballo que me dá de comer, que me gusta moito pero que me quita moito tempo para escribir.
GH: O escritor sempre ten un libro baixo o brazo?
AS: No meu caso sempre estou rodeada de libros. Non hai momento do día en que non acabe abrindo un libro pola razón que sexa, para gozalo, informarme, aprender un pouco máis… Para min é algo cotián.”