Fernando Moreiras faise co X premio Plácido Castro por unha tradución do poeta Alexander Pope

Alexander Pope foi un poeta que tivo, entre outras virtudes, o mérito de poder vivir dos beneficios xerados polo éxito comercial das súas traducións. A súa primeira contribución á literatura, como autor, foi Ensaio sobre a crítica, texto que acaba de traducir ao galego o profesor da Universidade de Vigo, Fernando Moreiras. Esa tradución acáballe de valer o décimo premio Plácido Castro, ao que este ano se presentaron dez traballos. O xurado destacou que se trata “da primeira tradución deste autor ao galego, e da gran calidade da reprodución nos esquemas rítmicos da obra orixinal”. O premio non ten dotación económica e consiste nun diploma e nunha peza escultória deseñada por Xaquín Chaves.” Vía Cultura Galega.