Cunqueiro Pop

Álvaro Cunqueiro está considerado un dos autores galegos que manteñen unha máis estreita relación co imaxinario e o pensamento popular da súa época. No entanto, o seu traballo está moi lonxe de ser unha simple traslación. Xogos, invencións e recursos de diferentes fontes mestúranse nunha obra na que, segundo el defendía, quería axudar a coñecer mellor o ser galego. E non todo o que semella popular é tal. Unha grande parte da obra de Cunqueiro amosa un grande achegamento ao mundo galego tradicional. É o caso a triloxía dos Feirantes, Menciñeiros e Xente de aquí e de acolá. Canda a estas, boa parte do xeito de vida e de pensamento tradicional paira mesmo naquelas obras nas que o mindoniense aborda temáticas clásicas ou cultas. Faino, iso si, mesturado con influencias e imaxinarios do máis variado e mesmo desde a perspectiva dalguén que non eran enteiramente daquel mundo. A mesa redonda O popular en Cunqueiro que se celebrou o pasado xoves no Consello da Cultura Galega no marco do congreso Mil e un Cunqueiros centrouse precisamente en abordar esta cuestión. (…)” Reportaxe en Cultura Galega.