“O Instituto de Estudos Medievais,  da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de  Lisboa, presentou o pasado 27 de outubro o proxecto Littera,  financiado pola Fundação para a Ciência e Tecnologia. Dirixido pola  profesora Graça Videira Lopes,  este proxecto procura iniciar, de forma coherente, coordenada e  cientificamente consistente, a edición, protección e actualización do  patrimonio literario e cultural medieval galego-portugués, nas súas dúas  grandes vertentes: poesía e prosa narrativa. O sitio web Cantigas é  un servizo público dirixido a docentes, especialistas e público en  xeral. A base de datos conta coa totalidade das cantigas medievais  presentes nos cancioneiros galego-portugueses, as imaxes dos manuscritos  e a música medieval ou as versións ou novas composicións  contemporáneas. Tamén se comparte información sobre todos os autores  nela incluídos, os personaxes e lugares referidos nas cantigas, así como  a Arte de Trovar, o pequeno tratado de poética trobadoresca que abre o  Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Portugal, colaboradora neste  proxecto. A páxina ofrece un glosario, notas explicativas de versos, notas de  lectura, toponimia e antroponimia que completan os textos das cantigas,  ademais de información de base sobre algúns dos seus aspectos formais.  Tamén se ofrecen imaxes dos manuscritos. A base permite a lectura  secuencial dos folios dos cancioneiros, así como a visualización  independente das miniaturas contidas no Cancioneiro da Ajuda. E inclúe  ficheiros de audio e pautas das cantigas, ademais de información sobre  autores e intérpretes. Os textos contidos na base están escritos segundo as normas do Novo Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa.” Vía Galicia Confidencial.
 Instituto de Estudos Medievais,  da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de  Lisboa, presentou o pasado 27 de outubro o proxecto Littera,  financiado pola Fundação para a Ciência e Tecnologia. Dirixido pola  profesora Graça Videira Lopes,  este proxecto procura iniciar, de forma coherente, coordenada e  cientificamente consistente, a edición, protección e actualización do  patrimonio literario e cultural medieval galego-portugués, nas súas dúas  grandes vertentes: poesía e prosa narrativa. O sitio web Cantigas é  un servizo público dirixido a docentes, especialistas e público en  xeral. A base de datos conta coa totalidade das cantigas medievais  presentes nos cancioneiros galego-portugueses, as imaxes dos manuscritos  e a música medieval ou as versións ou novas composicións  contemporáneas. Tamén se comparte información sobre todos os autores  nela incluídos, os personaxes e lugares referidos nas cantigas, así como  a Arte de Trovar, o pequeno tratado de poética trobadoresca que abre o  Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Portugal, colaboradora neste  proxecto. A páxina ofrece un glosario, notas explicativas de versos, notas de  lectura, toponimia e antroponimia que completan os textos das cantigas,  ademais de información de base sobre algúns dos seus aspectos formais.  Tamén se ofrecen imaxes dos manuscritos. A base permite a lectura  secuencial dos folios dos cancioneiros, así como a visualización  independente das miniaturas contidas no Cancioneiro da Ajuda. E inclúe  ficheiros de audio e pautas das cantigas, ademais de información sobre  autores e intérpretes. Os textos contidos na base están escritos segundo as normas do Novo Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa.” Vía Galicia Confidencial.
 
							
