“O veterinario Pedro Benavente, orixinario de Sabiñánigo (Huesca), foi seleccionado pola Deputación da Coruña para levar o III Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura. O xurado do galardón apuntou o importante traballo de Benavente a prol da recuperación da lingua e da cultura agraria no noso país. Entre outras iniciativas, o galardoado é coautor, co académico Xesús Ferro Ruibal, do Libro da vaca no que repasa a terminoloxía vencellada a este animal no noso país. O xurado apuntou tamén o exemplo de integración na nosa cultura que supón Benavente. O galardoado desenvolveu un intenso traballo no campo de lexicografía con obras como O dicionario Xerais lido por un veterinario, Algunhas achegas ao dicionario na Real Academia Galega–Instituto da Lingua Galega, e participou na elaboración do Dicionario de sinónimos da lingua galega.” Vía Cultura Galega.