Moraña: conferencia de Xosé Monteagudo

O martes 22 de maio, ás 16:00 horas, no CPI Santa Lucía de Moraña, Xosé Monteagudo compartirá unha charla-coloquio co alumnado de terceiro e cuarto de educación secundaria arredor da súa obra Un tipo listo, publicada en Galaxia.