Entrevista a Celia Parra en Galicia Confidencial Tendencias:
“(…) – Galicia Confidencial Tendencias (GCT): Non sempre escribiches audiopoemas, polo que vexo…
– Celia Parra (CP): Non. Comecei o ano pasado. Tiña unha asignatura que era Banda sonora e tratamento de son. O profesor moveunos moito por eses temas. Collín un poema que xa tiña e creei unha base para el.
– GCT: As bases musicais dos teus poemas son creadas por ti?
– CP: Non sempre. Para os primeiros comecei cos loops. Ía collendo pequenos anacos de segundos e facendo misturas. Agora estou compoñenmdo eu as propias bases…
– GCT: Agora que compós ti a base musical… que vén antes? Poema ou música?
– CP: Agora é ao revés que no comezo. Comezo cunha base, miro onde pode acaer ben e adapto xa esa base ao poema. (…)
– GCT: Literatura galega actual…ano 2012. Estado da cuestión…
– CP: A cousa está mellorando… pero se estás metido velo, se non, igual non… Ata hai uns anos a poesía, por exemplo, non saía de circuítos pechados, das contornas elitistas, os actos institucionais… Agora hai moita xente: Samuel L. París, Antía Otero, as Poetas da Hostia –María Lado e Lucía Aldao-…que están traballando para abrila á xente. (…)”