“A
longametraxe Sinbad, baseada na obra Se o vello Sinbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro, coproducida por Ficción Producións e TVG, e dirixida por Antón Dobao, foi seleccionada no Festival Internacional de Cinema Independente de Braga, Bragacine 2012, e no Zoom, Festival Europeo de Cinema para Televisión 2012, de Igualada (Barcelona). Esta longametraxe, que forma parte do proxecto de Televisión de Galicia Un mundo de historias, foi rodada en versión orixinal galega e protagonizada por Xosé Manuel Olveira Pico, no papel de Sinbad, Sara Casasnovas como Vanesa, e Mariña Sampedro como Sara. A súa rodaxe e estrea coincidiu co centenario do nacemento do autor, ademais do cincuenta aniversario da publicación da obra. Despois da súa estrea no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, estreouse en 5 salas comerciais galegas pasando máis tarde a facer un percorrido por varios auditorios e casas da cultura.” Desde La Opinión.