O mércores 30 de abril continúa a Feira do Libro de Santiago (no Parque da Alameda), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 17:30 h. Presentación do libro Nunha presa de terra, do escritor Paco Castro Alvaredo, publicado por Laiovento. Ao remate do acto, actuará a coral Solfa do barrio santiagués das Fontiñas.
– 19:00 h. Presentación do libro Penúltimas tendencias, do escritor Carlos Negro, publicado por Xerais. Xunto co autor, participarán no acto Montse Pena Presas e Manuel Bragado.
– 19:00 h. Na caseta da Libraría Pedreira, Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros.
– 19:00 h. Manuel Rivas asinará exemplares dos seus libros.
– 19:30 h. Diego Ameixeiras asinará exemplares do seu libro Matarte lentamente, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Presentación do libro Ámote Leo A estación de tránsito, de Rosa Aneiros, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Elena Gallego Abad asinará exemplares do seu libro Sete Caveiras, publicado por Xerais.