3º Concurso de micro-relatos de Aira das Letras

Desdecadrado_romasanta_impresión Aira das Letras:
1.- O relato terá, como máximo, 170 palabras en galego.
2.- Temática: Manuel Blanco Romasanta (lobishome).
3.- Prazos:
A partir do día 10 de setembro poderedes colgar os micro-relatos. Para iso tedes que rexistrarvos na páxina web. A data tope será a do 30 de setembro de 2014.
Se xa vos rexistrastedes con anterioridade, ese rexistro segue sendo válido, podedes empregalo.
Se non lembrades os datos do voso rexistro (usuario e contrasinal), podedes recuperalos aqui.
Para obter información sobre como publicar, podedes facelo neste apartado específico: Como publicar?
Do 1 ao 20 de outubro serán as votacións. Haberá dous premios:
– Premio do público. A xente poderá votar os relatos na páxina web.
– Premio do xurado.
A publicación do gañador/a do xurado farase antes do 1 de novembro. O premio entregarase nas Xornadas Romasanta organizadas pola Fundación Vicente Risco.
4.- Premios:
Premio do público.
– Cesta con produtos de Allariz.
– Lote de libros.
Premio do xurado.
Figura do “Guerreiro de Armeá”.
Cesta produtos de Allariz.
Lote de libros.
5.- Só se permitirá un relato inédito por persoa. Hai que poñerlle título. O autor cede o relato para que Aira das letras poida incorporalo nos seus marcapáxinas ou postais e para unha publicación solidaria. Os beneficios de dita publicación, de facerse, destinaranse a unha asociación sen ánimo de lucro. Aira das letras comprométese a que apareza o nome do autor/a.
6.- Se nestas bases quedase algunha cuestión sen precisar, corresponderalle ao xurado establecer dita cuestión e, se non o fixese, á organización do certame. A participación neste concurso implica o coñecemento e aceptación íntegra destas bases.”