O martes 21 de outubro, no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase a Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974), publicada pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos. No acto participan os responsábeis da edición, Xosé Manuel Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro, acompañados por Xosé Ramón Freixeiro Mato. Posteriormente abrirase un coloquio co público presente.