Suso de Toro gaña o premio internacional de Ómnium Cultural

DesdeSuso de Toro Cendrós Sermos Galiza:
“Con 46.000 soci@s, Ómnium Cultural é unha entidade básica no tecido asociativo de Catalunya e, conxuntamente coa Assemblea Nacional Catalana, un dos alicerces do proceso soberanista naquel país, impulsora das campañas Un País Normal e Ara és l´hora, chaves no desenvolvimento do 9-N.
O xuri do premio Joan B. Cendrós 2014 -composto por Antoni Bassas, Joan Becat, Josep Gifreu, Laura Cendrós, Martí Anglada e Vicent Partal- puxo en destaque os artigos de Suso de Toro sobre a realidade catalá, ben como o traballo desenvolvido por De Laguérie -autor do libro Les Catalans– como correspondente en Barcelona.
“Ambos souberon liberarse dos clichés e os apriorismos da imprensa española e francesa no que se refere a Catalunya, achegando así un ollar profesional e respeitoso, que contribúe para o coñecimento do noso país”, subliñou o xuri.
O premio está dotado com 3.000 euros e visa favorecer a internacionalización da realidade catalá.
Os gañadores deste galardón recibírono no transcurso da Nit de Santa Llúcia-Festa de les Lletres Catalanes, no Gran Teatre del Liceu de Barcelona, nun acto que decorreu a segunda feira 22 de decembro.”