Celso Emilio Ferreiro sobre a sublevación militar de 1936 en Galicia (vídeo)

DesdeCelso Emilio Ferreiro o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Un amigo faime chegar un documento audiovisual que moito estimo. Trátase dun breve, pero significativo, fragmento tirado da participación de Celso Emilio Ferreiro nun documental titulado ¡Arriba, España!. A devandita peza cinematográfica, dirixida por José María Berzosa, de 120 minutos de duración e estreada en Francia no ano 1976, baseábase nun  guión de Berzosa, Ramón Chao e  André Camp. (…)
A participación de Celso Emilio, alén de se tratar ao meu xuízo dun documento audiovisual moi valioso, reitera -ao que sei- unha afirmación que o poeta de Celanova compartía a miúdo cando ollaba á sublevación fascista do 36, isto é, na súa opinión a existencia de institucións propias, feito adiado pola incompetencia de diversos gobernos da República, dificultaría que Galicia fose “unha presa doada para os sublevados”, coas consecuencias terribles que isto carrexou.”
O vídeo pode visualizarse nesta ligazón.