Os xurados declararán as obras finalistas na súa primeira reunión, que se celebrará o venres, 29 de maio. Os premios serán fallados o sábado 6 de xuño na illa de San Simón. Este ano compiten un total de noventa obras.
O xurado da XXXII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren trinta e catro obras, está formado por: Ángel Ramiro Paz “Cano” (libreiro. Libraría Paz de Pontevedra), Anxo González Guerra (profesor xubilado), Sofía Tarela (música), María Costa Vázquez (editora), Alejandro Costas Gándara (programador. Participa nos xurados dos premios Xerais a través da convocatoria aberta que se fixo no blog de Xerais) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
O xurado da VII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorren vinte e tres obras, está formado por: Anxos Rial Vidal (profesora e coordinadora dos clubs de lectura do IES de Poio), Xesús Pena Pérez (licenciado en química. Participa nos xurados dos premios Xerais a través da convocatoria aberta que se fixo no blog de Xerais), Noemí Lage Redondo (alumna de 4º de maxisterio en Lugo), Itziar Fernández Sömme (alumna de 2º de Bacharelato no IES Castro Alobre de Vilagarcía), Nicolás Teixeiro Garrido (alumno de 4º da ESO no IES Terra de Turonio de Gondomar) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
O xurado da XXX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren trinta e tres obras, está formado por: Alicia Borrás (escritora), Dani Padrón (ilustrador), Daniel Landesa (escritor), Celia Pereira Porto (licenciada en dereito. Participa nos xurados dos premios Xerais a través da convocatoria aberta que se fixo no blog de Xerais), Carmen Pereiro González (licenciada en Filoloxía Galega. Participa nos xurados dos premios Xerais a través da convocatoria aberta que se fixo no blog de Xerais) e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.