Pedro Feijoo gaña por segunda vez o Premio San Clemente

DesdePedro Feijoo Sermos Galiza:
A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, é a obra gañadora na modalidade de literatura en lingua galega dos Premios San Clemente que chegan a súa XX edición. Por vez primeira na historia do premio repítese gañador e, ademais, neste caso dáse a circunstancia de que o autor resulta gañador coas dúas primeiras novelas do escritor. De novo Pedro Feijoo é o escritor escollido polo xurado de alumnos e alumnas de ensino medio que cada ano escollen a mellor novela do ano en lingua galega, española e estranxeira. Esta edición era a primeira na que os autores finalistas podían ser xa gañadores de anteriores edicións.
Desta volta o xurado formado por alumnado de catro institutos galegos, un por provincia, sumáronse alumnas e alumnos doutros centros de Europa, un inglés, un portugués, un alemán e outro francés. Canda a obra de Pedro Feijoo resultou gañadora El impostor, de Javier Cercas (Ed. Random House) en lingua española e O testamento de María, de Colm Toibin en lingua estranxeira.”