Morre Luís Rei, activista cultural e biógrafo de Cabanillas

DesdeLuís Rei Sermos Galiza:
“O pasado mes de maio, recibía en Cambados o Premio Ramón Cabanillas nun acto que se converteu na derradeira homenaxe ao biógrafo do poeta e activista cultural, Luís Rei, finado na madrugada desta segunda feira.
Ademais de ser biógrafo de Cabanillas, ao que lle dedicou máis de dúas décadas de traballo de investigación, Luís Rei era responsábel da catalogación do seu arquivo e do legado da familia ao concello de Cambados, a súa rigorosa achega á figura do poeta. Do seu intenso traballo naceu o volume Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades (Galaxia, 2009). “Unha figura intelectual e cultural de enorme valía e de extraordinaria relevancia, que transcende o Olimpo dos deuses locais e comarcais para situarse con lugar de seu nos nomes imprescindíbeis para achegarse e coñecer algunhas das liñas máis valiosas de desenvolvemento do activismo cultural galego das últimas décadas”, escribiu o escritor Emílio Ínsua, grande amigo de Rei, con motivo da homenaxe polo Premio Cabanillas. Foi tamén o promotor da conmemoración do Ano Cabanillas en 2009, cando facía medio século do pasamento do poeta e comisario da exposición “Ramón Cabanillas. A roseira dos recordos”, aberta co gallo da celebración. (…)”