O sábado 29 e domingo 30 de agosto comeza a Feira do Libro de Burela, cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
Sábado 29
– 13:00 h. Presentación de Galicia Encantada. O pais das mil e unha fantasías, de Antonio Reigosa, publicado en Xerais.
– 20:15 h. Presentación de De punta a chicote. Dicionario de expresións mariñeiras e Traca-traco, de Paco Rivas, publicados por Edicións do Cumio. Participa, xunto ao autor, Alfonso Otero Regal.
Domingo 30
– 13:00 h. Presentación de O Tesouro do Monte, de Ramom Reimunde, publicado pola Academia Galega da Língua Portuguesa. Participa no acto Bernardo Penabade.
– 18:30 h. Presentación de Intensa e quente é a túa humidade azul, de Xulio Pardo de Neyra, publicada por Positivas.