Desde Sermos Galiza:
“Convidado polo Goberno da Cidade de México, Miguel Anxo Fernán Vello representou a Galiza o sábado 17 de outubro na XV Feira Internacional do Libro no Zócalo, unha feira na que participan tamén autores do Reino Unido como Ben Brooks, Sean O’Brien e Michael Hofmann e os españois Almudena Grandes, Ángel Petisme e Luis García Montero, amais dun bo número de autores e autoras de Latinoamérica.
Ademais, a instancias do Seminario de Cultura Mexicana e da Universidade Autónoma de México (UNAM), Fernán-Vello participará como poeta no XVII Encontro de Poetas do Mundo Latino, que terá lugar entre o 22 e o 28 de outubro en México D.F. e tamén en Aguascalientes e San Luis de Potosí. Neste encontro cultural estarán presentes poetas como o peruano Eduardo Chirinos, a italiana Cinzia Marulli, o colombiano William Rouge, o venezolano Antonio Trujillo e a hondureña Mayra Oyuela, xunto poetas mexicanos e doutros países americanos.”