Entrevista a Paulino Vázquez

EntrevistaPaulino Vázquez a Paulino Vázquez na revista Palavra Comum:
“(…) – Palavra Comum (P): Como entendes/praticas o processo de criação poética -e artística, em geral-?
– Paulino Vázquez (PV): : Como unha entrega á inminencia dunha revelación. O poema non nace da técnica, Valente dicía que o poema comeza onde o dicir é imposible. Hai certos momentos, certas imaxes que nos conmoven, e penso que a verdade só se pode atinxir de xeito estético. Como dicía Nietzsche, todo comeza cunha especie de asombro, de respiración do espírito, do medo, dun silencio estraño, dunha música perdida, da perda mesma…. o que non é a raíz do poema é a lóxica. O cerne da linguaxe é a metáfora, escribiu Nietzsche. Pensamos metaforicamente. Unimos imaxes. Cando traducimos iso á lóxica entramos na ciencia. Hoxe un grande problema para a escrita é a invasión da lóxica na linguaxe usual (“transtorno bipolar” vs. atópome coa testa contra o muro).
– P: Qual consideras que é -ou deveria ser- a relação entre a literatura e outras artes (plásticas, música, etc.)? Tens experiências neste sentido?
– PV. Creo que a literatura e a música están moi relacionadas, todo poema ten o seu ritmo, aínda que non estea marcado xa ao xeito medieval. O vínculo entre ambas é innegable, pero Bach é irredutible a secuencia verbal. Acaso a música sexa máis profunda, porque o seu fondo é a súa forma, daí o seu carácter tráxico (Nietzsche outra vez).
– P: Quais são os teus referentes (num sentido amplo)?
– PV: En poesía T. S. Eliot, Ezra Pound, Anxo Quintela, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xabier Cordal, Chus Pato… En prosa David Pérez Iglesias, De Quincey seguramente, e sempre Shakespeare, que é incomparábel a todo. (…)”