A AELG súmase á “Declaración polo dereito a seguir creando”

DECLARACIÓN POLO DEREITO A SEGUIR CREANDO

“Desde 2012, calquera profesional da creación maior de 65 anos que desexe continuar desenvolvendo a súa actividade ten dúas opcións:

a) Cobrar a súa pensión pero renunciando daquela a percibir unha retribución polos seus cursos, artigos, conferencias e aos dereitos de autor/a que a súa obra lle xere, se con iso supera en ingresos o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) anual bruto;
b) Continuar achegando o seu coñecemento, froito da súa experiencia ao longo dos anos ou percibindo os dereitos de autor/a que lexitimamente lle corresponden, pero renunciando daquela á súa pensión contributiva e non contributiva.

A pesar das graves dificultades económicas que o sector creativo atravesou nos últimos anos no Estado, o Goberno penalizou e coutou a actividade creadora que a todos beneficia. As consecuencias da súa aplicación son claras:

  1. Un dano de proporcións incalculables ao desenvolvemento intelectual do Estado impedindo que os nosos autores poidan seguir achegando nunha etapa da súa vida na que o grao de madurez, experiencia e sabedoría pode ser destinado a mellorar unha sociedade cada vez máis necesitada de peso intelectual.
  2. Unha desprotección dos creadores, especialmente aqueles con menores rendas que non poden complementar as súas pensións non contributivas co froito do seu coñecemento.
  3. Un descenso da contribución á Facenda Pública. Se os creadores deixan de producir, tamén deixarán de contribuír ás arcas públicas.

Por todo iso, ESIXIMOS:

  1. A compatibilidade da percepción de pensións cos rendementos do traballo derivados da actividade creativa.
  2. O cesamento inmediato da campaña posta en marcha polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que insta os afectados a que elixan entre continuar mantendo unha vida intelectualmente activa ou a súa pensión de xubilación.
  3. A apertura dun proceso de diálogo coas organizacións de autorais que permita atopar unha solución xusta para quen, ao finalizar a súa vida laboral activa, aínda queren achegar o seu talento ao acervo cultural e científico-técnico da nosa sociedade.
  4. Que en virtude dun proceso de reflexión e análise do sector, o novo Goberno que saia das urnas o 20 de decembro deseñe unha nova norma que permita compaxinar o desenvolvemento social e creativo cos dereitos sociais e laborais de todos.

Novembro de 2015″

Esta declaración está apoiada por estoutras entidades:

Visual Entidad de Gestión de Artistas Plásticos (VEGAP)
Sociedad General de Autores y Editores (SGAE)
Asociación Colegial de Escritores de España (ACE)
Plataforma en Defensa de la Cultura
Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO)
Federación de Músicos Asociados (FEMA)
Foro de Asociaciones de Guionistas de Audiovisual (FAGA)
Asociación estatal de compositores para el audiovisual (MUSIMAGEN)
Asociación de Autores Literarios de Medios Audiovisuales (ALMA)
Federación de Compañías de Danza (FECED)
Junta de Autores de Música (JAM)
Asociación de Grupos de Música Antigua (GEMA)
Associació d’Escriptors en llengua catalana (AELC)
Asociación de Autores Científico-Técnicos y Académicos (ACTA)
Asociación de Traductores, Correctores e Intérpretes de Lengua Vasca (EIZIE)