A Coruña: mesa debate con Antón Cortizas e Ledicia Costas, con Xavier Seoane

Oimage001 xoves 10 de decembro, ás 18:30 horas, no Salón de actos da UNED de Coruña (Rúa Pepín Rivero, 3) terá lugar a seguinte sesión da actividade A creación literaria e os seus autores. Encontros con escritores. Ese día contaremos coa presenza como autores invitados dos escritores Antón Cortizas e Ledicia Costas. Organiza estes encontros o Centro de Formación e Recursos da Coruña, baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane.