Entrevista a Manuel Monge en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Por que di que Indecencias e corruptelas é un libro de combate?
– Manuel Monge (MM): Trata de cousas que non se poden dicir nin divulgar. A explicación do porqué deste secuestro é que aparecen nomes e apelidos que están implicados. Aquí pódese falar en abstracto pero cando dis que a corrupción é unha forma de goberno e concretas os concellos –no libro aparece unha referencia a 35 concellos da Galiza, todos eles gobernados polo PP con sentenzas en firme ou procesos xudiciais abertos por corrupción- non e fácil de publicar. Este é un libro para combater a dereita, no que dou información que pode contribuír ao rearme ideolóxico e político. A base para o facer é que haxa información, ter argumentos para rebater o que din… E hai que facelo con datos e exemplos; desmontar moitos discursos que, a forza de se repetir, acaban asumidos como propios, como o feito de que é mellor o ensino privado que o público.
– SG: Cal é obxectivo da obra?
– MM: Que aumente a indignación. A indignación é algo novo e non o é. Moitos levamos 50 anos indignados e militando. E esa indignación de antes tiña un custo moito maior que a de agora. Hai 40 anos significaba organizarse politicamente e dar a cara, o que implicaba multas, acabar no cárcere e perder o posto de traballo. (…)”