Cuestionario Proust: María Xosé Queizán

Desde María Xosé Queizáno blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a María Xosé Queizán:

“1.– Principal trazo do seu carácter?
-A firmeza.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A veracidade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Fidelidade.
4.– A súa principal eiva?
-Inflexibilidade.
5.– A súa ocupación favorita?
-Escribir.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Ter con quen conversar en temas coincidentes, con sentido de humor.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Deixar de pensar. Se non penso, quero morrer.
8.– Que lle gustaría ser?
-O que son.
9.– En que país desexaría vivir?
-No que vivo. Tendo oportunidade de coñecer outros. Teño as raíces nesta terra pero son aéreas.
10.– A súa cor favorita?
-Todas. Depende para que. Para vestir, o negro ten múltiples referencias: a beleza e elegancia da miña nai viúva. O existencialismo da xuventude.
11.– A flor que máis lle gusta?
L’important c’est la rose, non o dubido, pero admiro ás invernais, arriscadas e efémeras: a camelia, a magnolia nigra, a mimosa. Para a casa, o aroma dos nardos, máxima exaltación ao regresar á noite.
12.– O paxaro que prefire?
-A pega. A única que se arriscou polo oco de ventilación para que a atopase de mañá ao coller o tarro de azucre na despensa.
13.– A súa devoción na prosa?
-Non son propensa a devocións. Pero, necesito crimes para durmir. Na mesiña de noite sempre teño novelas de suspense, investigación e intriga. A realidade social, desaparecidos os Balzacs, está nesta literatura.
14.– E na poesía?
-Considéroa un xénero serio. Necesita un pensamento e unha estrutura previa. O azar xoga o seu papel e ás veces a gaita soa por casualidade.
15.– Un libro?
O azar e a necesidade de Jacques Monaud, a principios dos anos 70.
16.– Un heroe de ficción?
-O Quixote.
17.– Unha heroína?
-A ama de casa.
18.– A súa música favorita?
-O jazz. A música afroamericana.
19.– Na pintura?
-Creación, orixinalidade con liñas, cores, texturas,
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Rosa Luxemburgo.
21.– O seu nome favorito?
-Soan ben os rematados en –l ou –r. Samuel, Leonor…
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A indolencia.
23.– O que máis odia?
-Non odio.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Aquelas que fan o mal mediante intermediarios.
25.– Un feito militar que admire?
-Organización.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Memoria.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
-Non quero morrer. De ser preciso, por algo positivo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-A disposición para emprender unha acción.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A inconsciencia. Dos físicos, todos.
30.– Un lema na súa vida?
-Comunicar, transmitir, transgredir.”