VI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia

Inspiraciencia Inspiraciencia2016_banneré un concurso de relatos de inspiración científica, coa colaboración da AELG.

Unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dunha maneira lúdica e participativa. Pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar o labor creativo e o espírito científico como unha forma de pensar realidades antes non imaxinadas.

FICCIÓN CIENTÍFICA

Modalidade única
Poderán presentarse relatos curtos dunha extensión máxima de 800 palabras.

Categorías
O concurso ten dúas categorías: adulto/a (a partir de 18 anos) e moza/o (menores de 18 anos).

Os participantes deben rexistrarse e poden enviar un relato curto en calquera lingua do concurso (catalán, castelán, galego e eúscaro). Cada participante pode presentar máis dun relato, e un máximo de catro relatos, sempre que estes estean escritos en linguas distintas.

Linguas
Os relatos poden estar escritos en catalán, castelán, galego ou eúscaro.

Consulta as BASES do concurso.

LITERATURA E CIENCIA

Inspiraciencia non é só os relatos. Tamén quere ir máis aló do concurso propiamente dito e afundar nas relacións entre ciencia e literatura a través de ciclos de faladoiros, propostas para a aula, lecturas recomendadas, etc.

Faladoiros
Paralelamente ao concurso, organízase un ciclo de faladoiros en distintas cidades. Nesta edición está dedicado á “Ciencia nos clásicos da literatura”. Consulta o programa.

A ciencia do teu clásico/a
Na sexta edición ábrese unha sección nova na que os/as participantes poden compartir a lectura dunha obra clásica da literatura e destacar a ciencia que atoparon na obra. Consulta como participar en FÓRA DE CONCURSO.

Inspiraciencia2016_001Inspiraciencia2016_002Inspiraciencia 2016 1Inspiraciencia 2016 2