O xoves 31 de marzo, ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ribeira, preséntase o libro A cacería, de Amadeo Cobas, publicado en Xerais, novela gañadora da VI Edición do Concurso Internacional de Novela Cidade Centenaria de Ribeira. No acto, organizado polo Concello de Ribeira, participan, xunto ao autor, Manuel Ruiz Rivas, Fabiola García e Manuel Bragado.