Concurso de relatos científicos Inspiraciencia 2016. Aberto o prazo de votación popular

AbertoInspiraciencia2016_banner o prazo de votación popular para o Concurso de relatos científicos Inspiraciencia 2016, que conta coa colaboración da AELG

INSTRUCIÓNS PARA VOTAR
Participa na votación para decidir os mellores relatos do público!
ATENCIÓN: Para poder votar antes debes rexistrarte na web. Se xa o fixeches con anterioridade, abonda con que introduzas usuario/a e chave e vaias ao formulario da páxina de votación.
As votacións permanecerán abertas ata o 12 de xuño.
Cada participante poderá dar un único voto por relato, sen restrición do número de relatos votados. O premio do público premiará os relatos máis votados das dúas categorías con independencia da lingua na que se escribiron.
Lémbrase que o concurso dispón dun equipo de moderación para que os relatos sexan publicados de maneira áxil no sitio web. Este equipo encargouse tamén de facer a preselección dos relatos que pasaron á presente fase: as votacións de público e xurado. Se o teu relato non aparece na selección de relatos a votar é que non foi seleccionado. De todos os xeitos, animámoste a axudarnos a decidir o premio do público.
Podes comunicar calquera incidencia sobre leste tema ou calquera outro relativo ao concurso en info@inspiraciencia.es

Moitas grazas por participar en INSPIRACIENCIA!

Qué é Inspiraciencia?
Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica.
É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dunha maneira lúdica e participativa. Pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia, desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar o labor creativo e o espírito científico como unha forma de pensar realidades antes non imaxinadas.