O sábado 1 de outubro, entre as 10:00 e as 12:00 horas, no Espazo Maxiavida (Rúa Troncoso, 26, 3º C), en Vigo, María N. Soutelo dirixe o obradoiro Crear + Sentir + Medrar, co que se anima a achegar ao público, sen medo, a través das manualidades e da escritura, á súa vibrante enerxía creativa e ao riquísimo universo das emocións. O prezo da actividade é de 15 euros, que se pagarían no propio espazo. Máis información aquí.