::Axenda cultural AELG::

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

::Axenda cultural AELG::

Menú principal

Saltar ao contido principal
  • Inicio
  • Sobre a Axenda Cultural
  • As súas noticias na Axenda
  • Web da Asociación

Navegación de artigos

← Anteriores Seguintes →

María do Cebreiro, Blanca Roig, Uxía, Observatorio da Mariña pola Igualdade, Gabriel Tizón, Teatro do Atlántico, Alberte Pagán e Artesáns da Pesca, Premios da Crítica Galicia 2016

Publicado o 21 Novembro 2016 por asociacionescritoras-es

Nopcrit2016072 Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no decurso dun do xantar do sábado 19 de novembro o ditame da trixésima novena edición dos Premios da Crítica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica. (…)

O Deserto de María do Cebreiro, Premio de Creación Literaria
O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por Ana Acuña Trabazo, crítica, profesora UDV; Dolores Vilavedra, crítica, profesora USC; Teresa Seara, crítica, profesora UDC; Malores Villanueva, crítica; Marta Neira Rodríguez, crítica, profesora UDV; David Otero Rodríguez, escritor e Afonso Vázquez Monxardín que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Critica Galicia, acordou declarar finalistas as obras Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo (Xerais), O Deserto de María do Cebreiro (Apiario) e O último día de Terranova de Manuel Rivas (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio á obra de María do Cebreiro O Deserto, editada por Apiario.
O xurado salientou que “a alta calidade do libro radica tanto na súa autenticidade, propia dunha voz tan persoal como é a da autora, como na integración de diversas referencias culturalistas que aínda así non impiden a intelixibilidade da mensaxe poética. Tamén se fixo referencia ao diálogo coas imaxes que conforman o libro, así como o coidado estético deste como produto artítico”.

Historia da literatura infantil e xuvenil galega de Blanca Roig, Premio de Investigación
O xurado da modalidade de Investigación, formado por Xosé Ramón Pena, escritor, gañador da edición anterior; Juan Ramón Vidal Romaní, director do Instituto de Xeoloxía de Galicia, catedrático da UDC; Celia Vázquez, profesora da Facultade de Tradución da UDV; Marilar Jiménez Aleixandre, catedrática de Didáctica das Ciencias da USC; Antonio Rodríguez Colmenero, arqueólogo; Ramón Lourenzo, catedrático da USC, e Modesto Hermida García, que actuou como secretario en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia acordou declarar como finalistas ás obras Medo político e control social na retagarda franquista de Lucio Martínez Pereda (Xerais); Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega do equipo coordinado por Blanca Roig Rechou (Xerais) e Juan Rof Codina, de Diego Conde Gómez (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a Historia da literatura infantil e xuvenil galega do equipo coordinado por Blanca Roig Rechou (Xerais).
O xurado destacou que a obra gañadora “ten moito interese para a comunidade educativa e para novos investigadores sobre literatura infantil. Así mesmo que o equipo investigador realizou un grande esforzo na recompilación de materiais nunha área decisiva para o futuro das letras galegas, ao tempo que serve de base para outras investigacións e e exercicios críticos máis detallados”.

Observatorio da Mariña pola Igualdade, Premio de Iniciativas Culturais e Científicas
O xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por Branca Novoneyra, concelleira do concello de Santiago, Cineuropa, gañador da edición anterior; Paz Castro de Kalandraka Editora; Xurxo Mariño, divulgador científico, profesor UDC; Patricia Porto Paderne, libreira, Libraría Lila de Lilith; Patricia Arias Chachero, Fundación Otero Pedrayo; Antonio Piñeiro, xestor cultural, Fundación Curros Enríquez e María López Sández, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Programa ConCiencia, Observatorio da Mariña pola Igualdade e Numax Sociedade Cooperativa Galega. Tras as derradeiras deliberacións acordou por maioría outorgar o premio a Observatorio da Mariña pola Igualdade. (…)

Uxía, Premio de Música
O xurado da modalidade de Música, formado por Guadi Galego, música, gañadora da edición anterior; Xosé Aldea, editor, director de Culturgal; Cristina Pujales, técnica do Arquivo Sonoro de Galicia; Tomás Camacho, guitarrista; Xoán Piñón, músico; Ángeles Feijoo, produtora e María Xosé Porteiro, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Uxía, María Fumaça e Festival de Ortigueira. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por unanimidade o premio a Uxía.

Gabriel Tizón, Premio de Artes Plásticas
O xurado da modalidade de Artes Plásticas, formado por Xaquín Marín, humorista gráfico, gañador da edición anterior; Román Pereiro, crítico; Celestino Poza Domínguez, xestor cultural; Alberto de Paula Prieto, arquitecto; Luz Darriba, artista; Cristina Carballedo, comisaria e Xavier Limia de Gardón, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Soledad Penalta, Paco Pestana e Gabriel Tizón. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por votación o premio a Gabriel Tizón.

Teatro do Atlántico, Premio de Artes Escénicas
O xurado da modalidade de Artes Escénicas, formado por Areta Bolado, actriz, A Panadaría Teatro, gañadora edición anterior; Gustavo Pernas, escritor e director; Roberto Pascual, director MIT Ribadavia; Manuel Vieites García, director da EADG; Manuel Guede Oliva, director; Laura Ponte, actriz e Inmaculada López Silva, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Teatro do Atlántico, Kukas Producións Artísticas e Matarile Teatro. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Teatro do Atlántico.

Alberte Pagán, Premio de Cine e Artes Audiovisuais
O xurado da modalidade de Cine e Artes Audiovisuais, que se outorgaba por vez primeira, formado por Manuel González Álvarez, profesor; Beli Martínez, profesora UDV; Ramiro Ledo Cordeiro, presidente de NUMAX; Daniel Domínguez, guionista; Suso Novas, programador cultural; Iria Sobrado, actriz e Antón Sobral, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Alberte Pagán, Play doc de Tui e S8 Mostra de cine periférico da Coruña. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Alberte Pagán.

Artesáns da Pesca, Premio de Cultura gastronómica
O xurado da modalidade de Cultura gastronómica, formado por Miguel Vila Pernas, gastrónomo, gañador da edición anterior; Xavier Castro Pérez, gastrónomo, profesor da USC; Pepe Solla, cociñeiro; Marisol Bueno, bodegueira, D.O. Rías Baixas; Marta Fernández Vázquez, Escola Superior de Hostelería; Ricardo García Rodríguez, hosteleiro e por Blanca Roig Rechou, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Manuel Gago, Artesáns da Pesca e David Sueiro (Galo Celta). Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Artesáns da Pesca.

Esta entrada foi publicada en Premios e concursos (outros) e etiquetada Afonso Vázquez Monxardín, Alberte Pagán, Ana Acuña, Antonio Rodríguez Colmenero, Apiario, Artesáns da Pesca, Blanca-Ana Roig Rechou, Cabalos e lobos, Celia Vázquez García, David Otero, Diego Conde Gómez, Dolores Vilavedra, Edicións Xerais, Fran P. Lorenzo, Fundación Premios da Crítica de Galicia, Gabriel Tizón, Gustavo Pernas, Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, Inma López Silva, Juan Ramón Vidal Romaní, Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea, Lucio Martínez Pereda, Malores Villanueva, Manuel Guede, Manuel Rivas, María do Cebreiro, María López Sández, María Xosé Porteiro, Marilar Aleixandre, Marta Neira Rodríguez, Medo político e control social na retagarda franquista, Modesto Hermida, O Deserto, Observatorio da Mariña pola Igualdade, Os últimos días de Terranova, Premios da Crítica Galicia, Ramón Lorenzo, Roberto Pascual, Teatro do Atlántico, Teresa Seara, Uxía, Xosé Ramón Pena por asociacionescritoras-es. Marca a ligazón permanente.

Visitas


wordpress com stats plugin
Fornecido con orgullo por WordPress
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia. Entendemos que está de acordo con isto, mais pode desactivalas se o desexa. Configuración de CookiesAceptar
Política de privacidade e cookies

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Destas cookies, as clasificadas como necesarias almacénanse no seu navegador, por seren esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén usamos cookies de terceiros que axudan a analizar e comprender como utiliza este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de desactivalas, mais isto podería repercutir na súa experiencia de navegación.
Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Destas cookies, as clasificadas como necesarias almacénanse no seu navegador, por seren esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén usamos cookies de terceiros que axudan a analizar e comprender como utiliza este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de desactivalas, mais isto podería repercutir na súa experiencia de navegación.

Necessary Always Enabled

As cookies necesarias son esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría inclúe só cookies que garanten funcionalidades básicas e funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan información persoal.

Non-necessary

As cookies que non sexan especialmente necesarias para que o sitio web funcione e se utilicen especificamente para recompilar datos persoais do/a usuario/a a través de análises, anuncios e outros contidos inseridos, denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do/a usuario/a antes de executar estas cookies no seu sitio web.

Facebook
Twitter