A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
Pode descargar aquí o cartel base do Día de Rosalía de Castro 2017, en formatos pdf e jpg.
Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.
Actos promovidos pola AELG
Alén do acto central, que terá lugar ás 12:00 do domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, a AELG en colaboración coa súa base asociativa está organizando por todo o país lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.
En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.
Actos organizados por outras entidades (actualización diaria)
Na web Cultura de Galicia tamén se recompilan actos de celebración do Día de Rosalía de Castro.
Son varios os concellos da Costa da Morte (Cee, Carballo, Fisterra e Vimianzo) que celebran o Día de Rosalía. Máis información, aquí.
A Deputación de Lugo conmemora o venres 24 os 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Ese día agasallará os-as aos visitantes dos 4 museos da provincia, Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María. En total entregaranse 250 láminas, co poema “Adiós ríos, adiós fontes” e unha rosa. A ilustración de Rosalía de Castro é de Noemí López Vázquez e pertence a colección da exposición do Centro de Artesanía e Deseño “Imaxinando Cantares Gallegos”:
A Coruña
Mércores, 22 de febreiro, ás 19.30.
Ames
O Concello de Ames desenvolve un variado programa de actividades e iniciativas para a celebración do Día de Rosalía. Toda a información, aquí.
Moaña
Sábado 18, ás 20.00, no Centro Cultural de Domaio. Máis información, aquí.
Arteixo
Pontevedra
Pontevedra
Mércores 22, ás 20.00, na Casa da Luz.
Santiago de Compostela
A área de Cultura da Deputación da Coruña organiza un acto de homenaxe a Rosalía de Castro o vindeiro xoves día 23 de febreiro ás 12:00 horas diante do monumento da Alameda de Santiago, que este ano cumpre cen anos. No acto, repartirase o libro Quen fora pedra que recolle unha investigación de Miguel Anxo Seixas sobre a historia da estatua.
O presidente e a vicepresidenta da Deputación, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín Rei, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez Iglesias e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira intervirán no acto de homenaxe organizado pola institución provincial, que contará coa actuación musical do grupo Habelas Hainas, que interpretará diversos temas de Rosalía de Castro, e a lectura de poemas por parte de rapazas e rapaces de distintos institutos de secundaria da cidade de Santiago de Compostela.
O acto, organizado arredor do Día de Rosalía no 180 aniversario do nacemento da poeta, desenvolverase ás 12:00 horas diante da estatua a Rosalía que está situado no paseo da Alameda de Santiago de Compostela, monumento que este ano chega ao seu centenario. No transcurso da homenaxe, a Deputación da Coruña entregará o libro Quen fora pedra, editado pola institución, no que o investigador Miguel Anxo Seixas percorre a historia da estatua desde que foi proxectada, pasando polo sistema de micromecenado social para a súa construción ou os debates que se crearon arredor da iniciativa até os actos históricos que se celebraron na súa contorna.
“Após a súa inauguración, a escultura converteuse nun símbolo de exaltación da nosa cultura e a nosa lingua, nun lugar de referencia para o galeguismo e nacionalismo, nun espazo de compromiso”, sinala Goretti Sanmartín Rei no limiar do libro que se repartirá no transcurso do acto.
O acto é o preámbulo da conmemoración que a Deputación da Coruña preparará para celebrar o centenario do monumento e no que se lembrará o acto inaugural histórico e a colaboración popular na construción da emblemática estatua.
O título do libro e da homenaxe recolle un verso da propia escritora do poema “Amigos vellos” que forma parte do libro Follas Novas. Desde a Deputación fíxose tamén un chamamento para se fotografar ao pé da estatua e publicar os retratos nas redes sociais cos cancelos #quenforapedra e #Rosalía1917_2017
Rianxo
Xoves, 23, a partir das 19.30.
Lugo
Organizada pola Concellería de Cultura e Ágora Cultural, celébrarase o Día de Rosalía de Castro cunha lectura colectiva, o día 24 de febreiro, de 12:00 a 14:30, nos soportais da Casa do Concello.
Ourense
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o campus de Ourense convocan o Concurso de Videopoemas #RosalíaTe (vexa aquí as bases). Nel convídase aos membros da comunidade universitaria a presentar nunha videogravación feita co teléfono móbil na que se recite un pequeno fragmento ou estrofa dalgún poema da escritora galega. O obxectivo da iniciativa é transmitirlle á sociedade a importancia da figura de Rosalía de Castro no ámbito sociocultural galego.
Segundo explica Isabel Mociño, profesora da Facultade de Ciencias da Educación promotora da iniciativa, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebra desde 2011, coa implicación de todo tipo de entidades, o Día de Rosalía. . O campus de Ourense, sinala a docente, “únese ao movemento social de base ao redor do Día de Rosalía este ano que se cumpre o 180 aniversario do seu nacemento cunha serie de iniciativas, como son a convocatoria deste concurso de videopoemas e a celebración dun acto de conmemoración o día 24 de febreiro na Biblioteca Rosalía de Castro”. Nestas actividades participan a Vicerreitoría do Campus de Ourense, a Biblioteca Rosalía de Castro, a Facultade de Ciencias da Educación e a Área de Normalización Lingüística.
Ao certame poderá presentarse calquera persoa de xeito individual ou colectivo pertencente á comunidade universitaria da Universidade de Vigo, podendo enviarse só un traballo por persoa. A duración da videogravación non excederá os 20 segundos, sendo o fragmento elixido e a temática totalmente libres. O vídeo gravarase cun teléfono móbil coa maior resolución posible e en horizontal, aconsellándose os formatos mp4, mov, mpg, avi e wmv. Gravarase un plano fixo, sen facer zoom nin movementos bruscos, e en cor ou en branco e negro. Desde a organización inclúen na convocatoria unha serie de suxestións creativas, como que a montaxe busque reflectir, dende propostas creativas e diversas, o universo lírico e paisaxístico da obra de Rosalía de Castro. Tamén animan a que as achegas recollan elementos visuais propios da súa obra ou que se refiran a ela, dende calquera punto de vista, e que recollan o patrimonio natural e cultural do campus de Ourense. Para incidir na accesibilidade universal e a integración social, nas bases do certame indícase que pode resultar suxestivo incluír a linguaxe de signos ou a escrita nas propostas, citando como exemplo escribir algunha palabra ou verso en cartolinas que sexan lexibles ou nalgunha parte do corpo. Nas achegas pode aparecer máis dunha persoa compartindo a estrofa seleccionada e pódese experimentar con planos distintos.
Un xurado nomeado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense seleccionará os traballos pola súa calidade, orixinalidade e capacidade para visualizar as partes da obra de Rosalía menos populares. Os premios consistirán en lotes de libros, de discos e de elementos publicitarios do campus de Ourense. Os traballos seleccionados incluiranse nun audiovisual que se presentará o 24 de febreiro nas instalacións da Biblioteca Rosalía de Castro durante a celebración do Día de Rosalía e se exhibirá posteriormente na páxina web da Vicerreitoría e nas redes sociais. Os traballos poden enviarse ata o día 21 de febreiro de 2017.
Ademais:
Betanzos
Venres 24, ás 19.00, na Aula de Cultura Xulio Cuns, no Edificio Liceo.
O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Asociación Cultura Eira Vella e coa participación do alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín, do IES Francisco Aguiar e mais a Asociación Cultural A Fuliada, realizará o vindeiro 24 de febreiro o acto de homenaxe a Rosalía de Castro, nun acto que presentará Isabel Risco e pechará Najla Shami.
Sada
O pleno do Concello de Sada estudará a moción de declaración do 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro. Ademais, organiza unha lectura pública:
Ribadeo
O venres día 24 ás 20.30 horas no Teatro, haberá unha lectura e a representación a continuación de Un té con Kant, a cargo de Inversa Teatro. Haberá un reparto do Manifesto da AELG polo Día de Rosalía, que este ano é da autoría da escritora Ledicia Costas pola semana adiante entre o alumnado dos centros de ensino de Ribadeo e tamén ao público asistente á función teatral. Máis información, aquí.
Guitiriz
Información, aquí.
Narón
A Concellaría de Ensino, Bibliotecas e Normalización Lingüística do Concello de Narón ten programadas varias iniciativas para celebrar o Día de Rosalía.
Repartiranse caraveis nas librerías de Narón para agasallar as persoas que nesa data merquen un libro en galego. Farase o mesmo na Biblioteca, tanto na lectura pública como ao longo do día, para as persoas que leven en préstamo libros en galego. E, ademais:
A Rúa de Valdeorras
A Biblioteca Pública Municipal realizará un ano máis a lectura da obra de Rosalía, e as persoas que participen terán un marcapáxinas como agasallo. Os nenos e nenas copiarán un anco dun verso de Rosalía polo reverso dunha rosa en papel, para deseguido pasar á súa lectura e posterior colocación arredor do cadro de Rosalía.
Escocia
Vídeo feito ao abeiro do proxecto En Escocia En Galego, un proxecto independente que recolle todas as actividades relacionadas coa cultura galega en Escocia.
Actividades nos centros de ensino (actualización diaria)
Estes son os centros que nos confirmaron a súa participación:
- CEIP Albeiros (Lugo)
- CEIP Alfredo Brañas (A Laracha)
- CEIP Amadeo Rodríguez Barroso (Ourense)
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Celeiro, Viveiro)
- CEIP de Ardán (Marín)
- CEIP de Arzúa. O EDLG acordou, xunto co Equipo de Biblioteca e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, conmemorar o Día de Rosalía de Castro 2017 realizando as seguintes actividades:
Todo o alumnado do centro pintará unha máscara de Rosalía de Castro á que lle colocaremos un depresor na parte de abaixo para suxeitala. Os que queiran sumaranse á iniciativa da AELG e fará unha foto cos seus maiores portando un verso rosaliano no medio. A foto será enviada ao correo electrónico do centro para subilo á páxina web.
Elaboración dun cartel por aula onde se escribirá un poema de Rosalía e que será ilustrado polo propio alumnado. Con estes carteis confeccionaranse uns móbiles para colgar xunto ao mural de Rosalía.
Decoración do salón de actos do centro para celebrar o acto por Rosalía o vindeiro martes, 21 de febreiro (posto que o 24 temos o festival de Entroido). Neste acto un grupo de nenos e nenas recitará o poema que escolleu cada titoría para recordar a Rosalía. Farémonos todos e todas unha foto coas máscaras colocadas sobre a cara e despois despediremos o acto cantando xuntos “Adiós ríos, adiós fontes”.
O xoves, 23 de febreiro virá Radio-Arzúa ao noso centro para facer un pequeno programa de radio dedicado á nosa escritora. Nel o noso alumnado contestará a preguntas sobre a vida de Rosalía, recitará os poemas escollidos por cada titoría e rematará coa canción de “Adiós ríos, adiós fontes”.
Realización dun mural de Rosalía que se colocará na entrada do colexio e duns móbiles con poemas da escritora galega. - CEIP Barrantes (Tomiño)
- CEIP de Calo (Teo). A ANPA A Rabadela propón un Entroido Rosaliano:
- CEIP A Carballeira (Lourizán-Pontevedra)
- CEIP Carlos Casares (Nigrán)
- CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia)
- CEIP Os Casais (Maniños-Fene). Este é o froito da Biblioteca escolar Paula Carballeira e do centro:
- CEIP Celso Currás (Trabada)
- CEIP de Cespón (Boiro)
- CEIP de Conmeniño (O Grove)
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo)
- CEIP Plurilingüe A Fraga (As Pontes)
- CEIP Plurilingüe de Frións (Ribeira)
- CEIP Plurilingüe da Igrexa (Chapela-Redondela). Elaboración de máscaras de Rosalía de Castro e posterior sesión fotográfica nun photocall feito polo alumnado de infantil de 3 anos. Traballo de pequenos versos de Rosalía de Castro relacionados co mar. Aprendizaxe da canción “No bico un cantar” por parte de todo o alumnado de primaria e posteriormente cantarana en conxunto todo o alumnado.
- CEIP Manuel Mato Vizoso (Vilalba)
- CEIP As Mercedes (Ourense)
- CEIP Plurilingüe Monte dos Postes (Santiago de Compostela). Alén doutras actividades, o día 24 todo o colexio cantará no festival de Entroido “Adios ríos, adios fontes”.
- CEIP Montemogos (Bueu). O día 17, acto onde os Voluntarios Lectores lerán a todos os compañeiros e compañeiras o poema “Has de cantar meniña gaiteira”; a continuación cantarase. Fixeron unha máscara veneciana de Rosalía. Aproveitaron o proxecto 3, 2, 1, poemas para implicar as familias no Día de Rosalía de Castro. As fotografías cos versos (que vai ler o alumnado), fixéronse pola contorna, a personas maiores, preguntando e informando sobre Rosalía:
No muro de Facebook do centro, este vídeo de apoio a que o aeroporto de Santiago se chame Rosalía de Castro.
- CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela)
- CEIP de Ombre (Pontedeume). Alén das actividades propostas, agasallarán a amizades e familiares un libro en galego, un libro escrito e ilustrado e impreso pola comunidade educativa. O venres 24, cadrando co Entroido a comunidade educativa sairá pola aldea de Ombre facendo un percorrido polas casas e cantando a canción que prepararon no centro (arranxos: Alberto Amigo, Luis Antonio Blanco Rey, Pablo Ramos e Isabel García).
- CEIP A Ponte (Lugo)
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo)
- CEIP Princesa de España (Verín). Do 20 ao 22 de febreiro desenvolverán varias actividades: en Infantil, “Lendo entre todos”, iniciativa na que o alumnado de 5º e 6º de E. P. lerán poemas coñecidos ás compañeiras e compañeiros mais cativos do centro; alén de facer unha exposición tipo Andy Warhol coa imaxe de Rosalía. En Primaria haberá lecturas sobre a vida de Rosalía, poemas…. contestando preguntas de caracter comprensivo e de investigación sobre a Autora. Todo o alumnado de Primaria fará un marcapáxinas cun poema por detrás. O alumnado de 4º, 5º e 6º encargarase de elaborar caligramas con poemas de Rosalía e un mural, e o de 6º gravará a canción “Negra Sombra”.
- CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez (Ourense)
- CEIP Ramón Cabanillas (Santiago de Compostela). Elaboración ducha máscara de Rosalía que o alumnado de infantil levará ás súas casas e con ela posta recitará na casa uns versos de “Cantares Galegos” aprendidos na aula.
O alumnado de primaria traballará a bibliografía de Rosalía e algúns dos seus versos e realizará un avión de papel que levara á súa casa en sinal de apoio a proposta do Concello de Santiago do cambio do nome do aeroporto de Santiago por Aeroporto Rosalía de Castro. - CEIP de Randufe (Tui)
- CEIP de Rebordáns (Tui)
- CEIP Rosalía de Castro (O Grove)
- CEIP Rosalía de Castro, Carril (Vilagarcía de Arousa).
Ademais, este Ramalliño de Rosalías.
- CEIP Rosalía de Castro (Lugo)
- CEIP Saco e Arce (Toén). Este é o resumo das actividades feitas no centro, publicado no blogue da biblioteca.
- CEIP Santa María (As Pontes). Dispoñerán un photocall no que toda a comunidade educativa se converterá en Rosalía por un día. E na Hora de Ler diaria, audición de poemas da autora, con especial atención a “Adiós ríos, adiós fontes”.
- CEIP O Salvador (A Pastoriza)
- CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros). Este é o programa de actividades previstas.
- CEIP Seara (Moaña). O alumnado traballou nunha máscara de Rosalía, e escribiunun folio decorado un verso de Rosalía.
- CEIP O Sello, Cabral (Vigo). Alén da elaboración da máscara de Rosalía cun poema escrito como agasallo rosaliano, darán lectura do manifesto da escritora Ledicia Costas e mais “Conxelámonos” (alumnado de cada curso, dende E.I. ata 6º de E.P., recitará o poema “Negra sombra”, mentres o resto do alumnado e do profesorado permanecerán inmóviles. Tamén musicarán a Rosalía: 2 membros do claustro farán a súa particular versión de “Negra sombra”:
Finalmente, photocall cos/coas maiores:
- CEIP de Silleda
- CEIP Os Tilos (Teo)
- CEIP da Torre Cela (Bueu)
- CEIP Vales Villamarín (Betanzos)
- CEIP O Vicedo
- CEIP Plurilingüe Virxe do Mar (Narón)
- CEP Carlos Casares (Alxén, Salvaterra de Miño)
- CEP Pilar Maestú Sierra (A Pobra do Caramiñal). Neste centro, alén de participar nas actividades propostas pola AELG, caracterizando ao alumnado como Rosalía e dando difusión á súa obra, realizarase un acto ao que asistirá a totalidade do alumnado do centro, no que se presentará o material fotográfico recompilado, recitaranse poemas de Rosalía, cantarán cancións que musiquen a Rosalía e elaborán un par de karaokes sobre cancións que teñan letra de Rosalía.
- Colexio Jaime Balmes (Noia)
- Colexio María Auxiliadora (Vigo)
- Colexio Plurilingue María Inmaculada (Silleda). En 1º e 2º de E.P., baixo o lema “Miña nai Rosalía”, editarán un vídeo onde o alumnado lerá, acompañado das súas nais, estrofas alternas de poemas da autora; en 3º, 4º, 5º e 6º de E.P., baixo o lema “Nada máis doce ca Rosalía”, os alumnos envolverán en forma de caramelo poemas da autora que posteriormente depositarán en caixas nalgúns establecementos da vila de Silleda, para agasallar a veciñanza cun poema na semana do 20 ao 24 de febreiro. 1º, 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato, baixo o lema “Eu Rosalío… e ti?” realizarán un mannequin challenge.
- Colexio Sagrada Familia de Aldán (Pontevedra)
- Colexio Vilas Alborada (Santiago de Compostela)
- CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón). Tanto en Educación Infantil e Primaria como en Secundaria, o centro sumouse ás actividades propostas para o día 17 de febreiro. Ademais, para o día 24 todo o centro vai caracterizarse de “Rosalías e Murguías”.
- CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis)
- CPI Pontecarreira (Frades). Poden verse as actividades realizadas neste blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do centro.
- CPI As Mirandas (Ares)
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños)
E as actividades en Primaria poden verse aquí e aquí.
- CPI Virxe da Cela (Monfero)
- CPR Cardenal Cisneros (Ourense)
- CPR Plurilingüe Don Bosco (Vigo). Etapa de Infantil: os nenos-as fixeron unha máscara de Rosalía de Castro, levárona para a casa con un verso rosaliano e estanse a quitar unha foto cos seus maiores, ou senón cos pais. Esa foto estana a mandar ó cole en formato dixital. Etapa de primaria: o alumnado de 6º de EP o día 23 acudirá a unha homenaxe diante do concello xunto con outros colexios de Vigo. Ademais na materia de galego varios cursos están a escribir o poema “Adiós ríos, Adios fontes” e fan un debuxo de cada verso. Por outra banda tamén levaron un verso rosaliano para a casa e estanse a quitar unha foto cos maiores/pais e mandala ó colexio. A idea é que con esas fotos poidan facer un vídeo dos dous poema utilizados: “Adios ríos, adiós fontes” “Airiños” e proxectalo o día 24 antes da celebración do Entroido.
- CPR Jorge Juan (Narón)
- CPR Padre Feijoo Zorelle (Ourense)
- CPR Plurilingüe La Merced (Sarria). Fotos e vídeos no Facebook do centro.
- Escola Oficial de Idiomas de Lugo. Vexa aquí o cartel que anunciaba o mannequin challenge promovido polo EDL e a Biblioteca do centro.
- EEI Barrionovo (Pastoriza-Arteixo). Elaboraron un vídeo coas fotografias das familias. En cada unha das aulas decorouse dixitalmente unha imaxe de Rosalia, empregando os programas Prisma e Paint Art, para faceren as máscaras do alumnado. Convocaron un pousadoiro no que cada un se fotografaba coa sua familia, e con elas elaboraron o video. Pódese ver todo o traballo aquí.
- EEI do Cruceiro, do CRA de Rianxo
- Escola Rosalía de Castro (Vigo)
- IES Antón Losada Diéguez (A Estrada)
Máis información, aquí.
- IES de Arzúa
- IES Campo de San Alberto (Noia)
- IES Carlos Casares (Vigo). Mannequin Challenge con título “Rosaliándonos”, no que se realizou unha representación de todas obras da escritora:
- IES O Couto (Ourense)
- IES de Curtis
- IES Enrique Muruais (A Pontenova)
- IES Fonmiñá (A Pastoriza). O ENLD preparou este Mannequin challenge co alumnado de 1º de ESO, que recrea parte do poema “Pra a Habana!” de Rosalía de Castro.
- IES Illa de Ons (Bueu)
- IES Laxeiro (Lalín). Este foi o traballo publicado no blogue da Biblioteca.
- IES Miraflores (Oleiros)
- IES Nº 1 (Ribeira)
- IES de Pastoriza (Arteixo)
- IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña). A seguir, o mannequin challenge e o o seu trailer:
- IES Salvaterra de Miño
- IES A Sardiñeira (A Coruña). O Equipo de Biblioteca desenvolve a actividade “Dálle voz a Rosalía“.
- IES Terra de Trasancos (Narón). Velaquí o seu proxecto para o mannequin challenge.
- IES Xelmírez 2 (Santiago de Compostela)
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria)
E aquí, máis información sobre o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino.
#RosalíaTe. O Día de Rosalía de Castro nas redes sociais
· Twitter
· Facebook
· · YouTube
Moción proposta pola AELG para ser aprobada polos plenos dos concellos do país
Desde 2011 a AELG vén solicitando aos concellos que declaren o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, e así o fixeron:
Allariz, Ames, Baiona, Bueu, Burela, Betanzos, Carballo, Carnota, Cedeira, Cee, Cerceda, Chantada, A Coruña, Entrimo, A Estrada, Fisterra, Foz, A Guarda, Lalín, Lobeira, Melide, Miño, Muros, Narón, Ourense, Padrón, A Pobra do Brollón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Rois, O Rosal, A Rúa de Valdeorras, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade.
Sumándose tamén as Deputacións da Coruña e Lugo.
A AELG seguirá a facer chegar aos plenos unha moción neste sentido solicitándolles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.