Faleceu Carlos García Martínez

Segundo vén de comunicar o Museo do Pobo Galego ás persoas e entidades asociadas, faleceu o Director desta institución e Socio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Carlos García Martínez, o 17 de marzo de 2018. A AELG lamenta fondamente a súa perda.
A capela ardente estivo aberta o domingo 18 de marzo pola tarde, e o luns, día 19 de marzo, desde as 10:00 até as 16:00, momento en que partirá o cortexo fúnebre cara ao cemiterio de Santa María de Figueiras.